- As bolsas cruzan o Atlántico do 6 ao 10 de abril con charlas presenciais para resolver dúbidas e axudarche a dar o paso. Unha oportunidade para informarche, orientarche e empezar a construír o teu regreso.
Se levas tempo pensando en dar o paso e vir a Galicia, leste pode ser o teu momento. As Bolsas BEME cruzan o Atlántico para resolver todas as túas dúbidas e axudarche a empezar o teu camiño de retorno.
Porque ás veces todo empeza cunha conversación. Cunha pregunta. Con esa idea que leva tempo roldándoche: e se estudo en Galicia?
Agora tes a oportunidade de despexar todas as dúbidas en persoa.
Buenos Aires: información e asesoramento cara a cara
As Bolsas BEME chegan a Buenos Aires cun formato pensado para ti: próximo, práctico e adaptado ao que necesitas.
Por unha banda, poderás acceder a recibimentos personalizados, onde resolver o teu caso concreto, coñecer os requisitos e ver que opcións encaixan mellor contigo.
E, por outro, asistir a unha charla aberta na que se explicará todo o programa de forma clara e directa.
Recibimentos personalizados
- 6, 7 e 8 de abril
- De 9:00 a 14:00
- Delegación da Xunta de Galicia (Bartolomeu Mitre 2550)
Charla aberta
- 7 de abril
- 18:30 h (inicio 19:00 h)
- Club Español (Bernardo de Irigoyen 172, CABA)
Montevideo: a túa porta de entrada a Galicia
Se estás en Uruguai, tamén terás a oportunidade de informarche de primeira man e dar ese primeiro paso.
O formato repítese: atención personalizada polas mañás e unha charla aberta para coñecer todos os detalles do programa, xa pola tarde.
Recibimentos personalizados
- 9 e 10 de abril
- De 9:00 a 14:00
- Delegación da Xunta de Galicia (Maldonado 1045)
Charla aberta
- 9 de abril
- 18:30 h (inicio 19:00 h)
- Centro Ourensán (Ana Monterroso 2014)
Ata 250 bolsas para estudar un máster en Galicia
As Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) ofrecen ata 250 axudas de ata 12.500 euros para cursar un máster universitario en Galicia.
Pero van moito máis alá do académico. Son unha oportunidade real para reconectar coas túas raíces, desenvolver a túa carreira profesional e, se así o decides, construír o teu futuro en Galicia.
Un paso que pode cambialo todo
Quizá levas tempo pensando en volver. Ou talvez é unha idea que empeza agora a tomar forma.
Sexa cal for o teu caso, estas charlas son o mellor punto de partida. Porque che permitirán coñecer, preguntar, comparar? e decidir con toda a información.
Para participar, podes inscribirche e solicitar máis información en:
beme.master.emigracion@xunta.gal
Galicia espérache. E poida que todo empezo aquí, nunha charla.