• Descobre catro vídeos informativos nos que Emigración che conta como solicitar a túa Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior
10
Feb
2023
Gala Patiño, bolseira dunha edición, e o seu marido na Universidade de Santiago.

Galicia volve abrir as portas do retorno a todos aqueles estudantes galegos do exterior que queirades cursar aquí os vosos estudos de posgrao. E faio, como vén sendo habitual, cunha nova convocatoria das bolsas BEME -acrónimo en galego de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior-, cuxo prazo de presentación de solicitudes abría hai apenas unha semana. 

Ata o momento, as BEME ofreceron a posibilidade de volver a Galicia a 1.400 estudantes -incluíndo as bolsas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que ofrecen prazas de FP-, impulsando deste xeito o retorno do talento galego. 

Agora, a Secretaría Xeral dá Emigración convoca 250 prazas, 250 oportunidades para empezar un novo rumbo académico e profesional en Galicia. E é que o teu talento galego debe estar en Galicia!

Con este obxectivo, Emigración publicou catro vídeos nos que se expoñen os obxectivos desta bolsa, os  requisitos que debedes cumprir para solicitalas, a súa tramitación e os pasos e documentación que se debe presentar.

Compartir