- Un ano máis a nosa terra cruza o Atlántico para encontrarse contigo. Xa está aberto o formulario de preinscrición para que poidas optar a ofertas reais, contactar con empresas galegas e participar en procesos de selección. O momento de volver pode empezar aquí.
Tras o éxito das feiras celebradas en Arxentina e Uruguai, a Xunta dá agora un paso máis e leva esta iniciativa a Brasil. Un espazo deseñado para conectar directamente o talento galego no exterior con empresas de Galicia que necesitan profesionais e queren contar contigo.
Pero esta vez hai algo importante que debes saber: o formulario de preinscrición xa está aberto.
Se estás a pensar en volver, podes inscribirche desde este momento e indicar a localización que máis che interese. Esa preinscrición permitirache acceder a ofertas de emprego en Galicia, participar en procesos de selección e optar a postos reais en empresas galegas que estarán presentes na feira.
Unha oportunidade real para vivir e traballar en Galicia
A Feira non é só un evento informativo. É un punto de encontro profesional. Ademais de coñecer os programas de retorno previstos para 2026, poderás contactar directamente co tecido empresarial galego e presentar o teu perfil.
En moitos casos, os participantes poden saír con procesos de selección avanzados e mesmo con oportunidades laborais concretas sobre a mesa.
Se levas tempo valorando o regreso, leste pode ser o impulso definitivo. Galicia necesita experiencia, formación, compromiso. Necesita talento como o teu.
Porque Galicia non só constrúese con quen está aquí.
Constrúese tamén contigo.
E o primeiro paso xa podes dalo hoxe: preinscribiéndote na seguinte ligazón.