• Entre os empregos tecnolóxicos más solicitados figuran tamén na nosa terra persoal de soporte informático, expertos en ciberseguridade e especialistas 'cloud'
19
Jun
2024

Desarrolladores web, operarios, técnicos industriais, camareiros de banquetes e teleoperadores son algúns dos perfís que máis demandan as empresas galegas, segundo un informe de Adecco.

Entre os empregos tecnolóxicos, un sector con dificultades por "o alto perfil cualificado do que se trata", atópase en Galicia a demanda de desarrolladores web, persoal de soporte informático, perfís de ciberseguridade e especialistas 'cloud'.

O sector da distribución e loxística demanda traballadores como operarios especializados, carretilleros, técnicos comerciais e condutores.

Mentres, no sector industrial son varios perfís os que destacan por encima dos demais: técnicos de mantemento (mecánico, eléctrico, frío industrial), caldereros, carpinteiros metálicos, mecánicos, soldadores, pulidores e técnicos de calidade.

Tamén se buscan xefes de liña, operarios para a industria química, pintores industriais, operarios de mecanizado, operarios de almacén con carretilla e ponte guindastre, carpinteiros de madeira e operarios de metacrilato.

A industria do retail tamén busca persoal en Galicia, tales como dependentes, promotores de venda e figuras similares.

No sector de hostalería, sobresaen camareiros de pisos e para banquetes, aínda que calquera tipo de perfil dentro do sector ten fácil colocación no mercado laboral galego.

Outros profesionais demandados son técnicos comerciais, teleoperadores de vendas e 'controllers' financeiros, entre outros, segundo este estudo de Addeco.

Compartir