• O goberno galego publica a listaxe definitiva dunhas bolsas que permitirán aos beneficiarios cursar os seus estudos de post grao na nosa terra, facilitando o desenvolvemento da súa carreira profesional en Galicia
06
Jul
2022
Entrega de diplomas a la promoción BEME 2021-2022.

As bolsas BEME, que cada ano promove o Goberno galego para traer de volta a cada a mozos galegos do exterior, conta xa a súa listaxe definitiva: 250 estudantes que poderán cursar os seus estudos de post grao o próximo curso nalgunha das tres universidades galegas grazas a estas bolsas. 

Este ano aumentouse o número de prazas ata as 250, polo que esta cifra de universitarios e universitarias poderán acceder aos preto de 90 másteres que se ofertan no marco do sistema universitario galego para completar a súa formación facilitándolles, deste xeito, o impulso das súas carreiras profesionais na nosa terra. Esta axuda destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención en Galicia

Ata o momento, as BEME ofreceron a posibilidade de volver a Galicia a preto de 1.000 estudantes de máster, impulsando o retorno do talento galego. É o caso de numerosas historias que fomos contando nestas páxinas, como a de Gustavo, a de Camila, a de Nerea, a de Fabiola, a de Óscar, a de Tamara ou a de Manuela. Mozos galegos, venezolanos, chilenos, arxentinos, uruguaios, brasileiros… cunhas raíces comúns e a vontade compartida de volver ás súas orixes. Á Galicia na que naceron eles ou os seus pais e avós.

Compartir