- Arxentina, Venezuela, México, Uruguai e Reino Unido son os países cun maior número de bolseiros, dos que 59 cursarán os seus estudos na USC, 57 na Universidade de Vigo, e 31 na UDC
- 23 mozos naceron en Galicia e volven agora á nosa terra para seguir os seus estudos universitarios
Case cento cincuenta mozas e mozos da Galicia exterior cursarán os seus mestrados nalgunha das tres universidades galegas grazas á nova convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que suma a súa cuarta edición na procura de fomentar o retorno da mocidade galega no exterior, nacida en Galicia.
Neste sentido, cómpre salientar que do total de beneficiarios, 23 mozas e mozos naceron en Galicia e volven agora á nosa terra a seguir os seus estudos universitarios, cumprindo así un dos obxectivos prioritarios do programa.
Arxentina, Venezuela, México, Uruguai e Reino Unido son os países cun maior número de bolseiros, dos que 59 cursarán os seus estudos na USC, 57 na Universidade de Vigo, e 31 na UDC.
Neste sentido, do total de persoas admitidas, 54 reside na Arxentina, 20 en Venezuela, 16 en México, 13 Uruguai, 12 en Brasil, 10 en Reino Unido, 6 en Cuba, 3 en Chile e outros 3 Alemaña, 2 en Portugal, 2 en Italia, en 1 en Canadá, Ecuador, Francia, Países Baixos, Rusia e Suiza.
Cabe salientar tamén a idade media dos beneficiarios das BEME, que se sitúa en 29 anos, sumando a maioría dos alumnos entre 22 e 30 anos de idade. Ademais, as mulleres concentran o 56% das bolsas, mantendo así a tendencia que experimenta este programa do Goberno galego desde a súa primeira edición, no curso 2017/2018.
Estratexia Retorna 2020
Este programa, incluído dentro da Estratexia Retorna 2020 posta en marcha pola Secretaría Xeral da Emigración, persegue incentivar o retorno dos cidadáns galegos do exterior, non só dos emigrados, senón tamén dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos nos centros de ensino secundario da comunidade, así como no sistema universitario de Galicia.