- Hai 250 prazas para que os mozos galegos no exterior volvades e estudedes nunha universidade da nosa terra
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral dá Emigración, ten aberta a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que os galegos universitarios residentes no exterior ou os descendentes de galegos poidades cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2023/24.
Ata o próximo 28 de abril, podes tramitar a túa solicitude para cursar na terra das túas orixes o máster universitario que estabas a esperar. É unha oportunidade única para que os mozos galegos e descendentes de galegos que estades fóra volvades a Galicia.
QUE É O MÁIS IMPORTANTE QUE HAI QUE SABER?
En primeiro lugar, que a Secretaría Xeral dá Emigración convoca 250 prazas.
Para poder optar a esta bolsa, ademais da túa orixe galega, debes cumprir unha serie de requisitos, entre eles ter un título universitario, menos de 40 anos e acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores a que presentes a solicitude.
Outro requisito que debes cumprir con carácter previo á concesión da bolsa é estar aceptado na preinscrición nun máster universitario dos ofertados na convocatoria para o curso 2023/2024. Así que tes que facer dúas solicitudes, a da Beme e a do máster.
QUE PODES ESTUDAR NAS UNIVERSIDADES GALEGAS?
Consulta aquí a lista completa dos que se imparten na Universidade da Coruña, na Universidade de Santiago e na Universidade de Vigo.
NO MOMENTO DE CUBRIR A SOLICITUDE DA BOLSA SIMPLEMENTE TERÁS QUE INDICAR O NOME DUN MÁSTER Ou MÁSTERES NOS QUE VAS A PEDIR A túa ADMISIÓN.
Con posterioridade terás que matricularche e enviar o xustificante.
QUE COBRE A BEME?
A bolsa, cuxo importe é de 7.500 ou 8.000 euros (segundo a persoa beneficiaria proceda de Europa ou do resto do mundo) por curso completo de 60 créditos ECTS, destínase a cubrir os gastos de matrícula, viaxe, aloxamento e manutención na Galicia territorial. Aqueles que vos matriculedes nun curso de maior duración (90 créditos) dispoñeredes dun orzamento total de ata 12.000 euros.
CALES SON Os PRAZOS?
Tes ata o próximo 28 de abril, exactamente ata as 23.59, para rexistrar a túa solicitude por vía telemática.