• A cantora galaico-portuguesa María do Ceo celebra os seus 25 anos de carreira cun disco dedicado a Galicia e á lingua galega
18
Jan
2023
María do Ceo.

A cantora galaico-portuguesa María do Ceo acaba de presentar Galicia Nai, un libro disco dedicado integramente a Galicia e á lingua galega co que a intérprete celebra os seus 25 anos de carreira musical. A traxectoria de María do Ceo está baseada no achegamento entre a lingua e a cultura galega e a portuguesa.

O novo traballo de María do Ceo profunda na unión das linguas existentes ás dúas beiras do Miño.

Declaración de amor a Galicia

Galicia Nai supón unha declaración de amor a Galicia e á súa xente, pero tamén pretende ser un disco comprometido co idioma e coa muller.

En total, reúne 12 poemas musicados de autoras da terra de distintas épocas e con distintas sensibilidades poéticas: Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, Manuel María, Ricardo Carvalho Calero, Pepe Velo e Armando González López.

O traballo, que é o décimo sétimo disco da cantante de Porto, conta cun prólogo de Xosé González Martínez e coa música de José e Álex Salgado á guitarra e guitarra portuguesa, respectivamente, de Fernando Campos ao baixo, de Rosalía Vázquez ao chelo, de Ricardo Morente ao violín e de Kinhos Saburido á percusión.

Compartir