• O goberno galego acaba de poñer en marcha unha nova convocatoria do programa de Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado, para facer fronte aos gastos que todo retorno comporta
18
Mar
2020

Volviches a Galicia e viríache ben unha axuda para afrontar os gastos que supón calquera retorno?

Agora tes unha gran oportunidade. O goberno galego acaba de poñer en marcha unha nova convocatoria do programa de Axudas Extraordinarias ao Emigrante Retornado. Unha iniciativa que busca precisamente iso: facilitar a volta a casa dos galegos que retornastes mediante un apoio que che permita facer fronte aos gastos que todo viaxe de volta leva aparellados.

Se volviches hai menos de dous anos, es galego, estás casado/a cun galego/a –ou tes unha relación análoga a esta-, ou es fillo de galego nado en Galicia, non o dubides. Solicita aquí a túa axuda:

Dá igual desde onde volveses, este programa ayudarache no proxecto persoal e profesional que estás a emprender. Un apoio especialmente dirixido ás familias, que incrementa a axuda en función do número de fillos da unidade familiar.
Ademais, se fixaches a túa residencia nun concello do rural, o apoio por fillo increméntase nun 25%.

Non deixes pasar esta oportunidade e goza da túa volta a casa. Podes solicitar a túa axuda ata o 31 de agosto.

 

Compartir