- Se o teu fillo nace en 2019 ou formalizas a súa adopción ou garda este ano, o prazo de presentación da solicitude é de dous meses a partir do seu nacemento
Este 2019 foi o ano dos cambios da túa vida. Acabas de ter un bebé e animáchesche a volver a Galicia para crialo aquí. Aos gastos que conleva o regreso desde o estranxeiro e empezar unha nova etapa súmanse os do teu fillo. Para que poidas afrontar a compra de todo o que necesita, como emigrante retornado tamén podes acollerche aos beneficios da Tarxeta Benvida, aínda que o teu bebé xa teña máis de dous meses.
Se o teu fillo nace en 2019 ou formalizas a súa adopción ou garda este ano, o prazo de presentación da solicitude é de dous meses a partir do seu nacemento, pero se naceu antes do teu retorno tes un prazo diferente: dous meses a partir do día seguinte ao que consta na documentación que acredita a túa data de regreso a Galicia.
Para optar a esta subvención debes cumprir varios requisitos, entre eles ter a nacionalidade española antes do retorno.
O importe da axuda é de 1.200 euros (100 euros ao mes) para o primeiro ano de vida do teu fillo, aínda que poderá prolongarse (con outras contías) ata os 3 anos se a túa renda familiar é igual ou inferior aos 22.000 euros anuais.
Dispós de toda a información e documentación necesaria a través desta ligazón.