- O programa, dotado con 2,7M€, está pensado para as familias galegas que vivides fóra e atopádesvos nunha situación de vulnerabilidade, en especial para as afectadas pola pandemia do coronavirus
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das subvencións do programa de axudas económicas individuais, pensado para aquelas familias galegas que residides no exterior e que estades a atravesar por dificultades, en especial debido á actual pandemia do Covid-19.
Así, tal e como sinala a orde, desde leste mesmo luns, e ata o próximo 22 de marzo, aqueles galegos que residides fóra e atopádesvos nunha situación de vulnerabilidade, podedes solicitar o voso apoio.
O programa conta con 2,7 millóns de orzamento, e está orientado a facer fronte a situacións de escaseza de recursos provocadas por múltiples circunstancias, e en concreto nestes momentos polo coronavirus, e á falta de produtos imprescindibles, como os medicamentos, un feito preocupante para moitos galegos do exterior que superan os 60 anos.
Quen podedes optar a estas subvencións?
- Os emigrantes galegos, os seus fillos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de residentes no exterior.
- Os netos dos emigrantes galegos, maiores de 18 anos, que ostenten a condición de galegos e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
- No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos anteriores, poden beneficiarse, dunha única vez, das axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, a súa viúdo/a, fillos, a condición de que non pasasen máis de quince meses desde o deceso.
- Os descendentes dos emigrantes galegos deberán ter a nacionalidade española, como mínimo cun ano de antigüidade, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Que cobren as axudas?
- Unidade familiar en situación de precariedade
- Situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante
- Situación de dependencia ou enfermidade grave no seo da unidade familiar
- Invalidez ou enfermidade permanente
- Cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves cando teñan un custo elevado
- Mulleres que sufran violencia de xénero
- Situación de desemprego na unidade económica familiar.