• Se estás en Galicia, ou se tes pensado volver unha vez que pase a pandemia, aquí deixámosche outra das nosas propostas que non che podes perder: o miradoiro do Monte Alba, ou o que é o mesmo, unha das mellores vistas sobre parte das Rías Baixas
19
Nov
2020
Monte Alba 1

A estrada de Valladares, en Vigo, discorre tranquila, atravesando a parroquia de lado a lado coa mesma calma coa que a auga se desliza, sedienta, entre as rocas. Un puñado de liñas brancas que chegan a unirse ante os ollos, en contraste co gris escuro do asfalto.

Case ao final, o roteiro vira á dereita e comeza unha rápida ascensión, demasiado pronunciada ás veces, demasiado vertixinosa a intres. O sol da tarde devora as últimas follas do outono, que comeza a pintar de ocre a ladeira.

Un macizo gris e verde que sobe cara ao azul morado, malva escuro, co que van tiñéndose as nubes dun ceo despexado no que, ao fondo, sobre a delgada liña que marca o horizonte, comeza a fundirse o sol entre bocados.

Ao carón, o Cepudo, ao outro o Monte Alba. Os dous, con Vigo nacendo entre os dedos dos seus pés, alá abaixo, moi abaixo, máis de 500 metros en liña descendente cara á Ría, que agora reflicte os últimos retrincos do crepúsculo conferindo toda a súa pureza ás Cíes, ao leste, e a Baiona, cara ao Oeste.

Monte Alba 2
Monte Alba 3
Monte Alba 4

A Capela da nosa Señora do Alba contempla a vista como sempre: en silencio, acrecentada por esa luz do ocaso que reforza o seu ton de pedra granítica, asentada sobre roca natural, antiga vestixio do Castelo do Alba, baluarte sobre o que dominar, outrora, un páramo deserto.

 

Dous carreiros soben cara a ela. Un, de area e pedras flanqueadas por arces que mesturan vermellos distorsionados de laranxa, salpicados de retamos amarelos que dulcifican unha escena dominada de outono ata a medula. O outro, unha escaleira, que serpentea afastando Valladares, Vigo, a Ría, a cidade, o máis aló.

O sol ponse xa ofrecendo unha escena perfecta que se eleva desde o azul do mar cara ao gris clarito que debuxa o contorno das Cíes, flanqueadas -parece case á beira- por Toralla. Agora todo é laranxa, malva, vermello e amarelo, co sol, transparente -semella unha lámpada-, partido en dúas mentres que entrega o miradoiro do Monte Alba ao silencio da noite oprimido polo vento que non cesa.

Monte Alba 5
Monte Alba 6
Monte Alba 7
Compartir