- A comunidade adhírese á app estatal de rastrexo, que será interoperable con 'Passcovid', a ferramenta galega que xa se atopa en fase piloto co obxectivo de localizar ás persoas que estiveron en contacto con novos contaxiados e achegar información de interese á cidadanía
A loita contra o coronavirus segue. E neste momento, un dos alicerces fundametales reside na capacidade de rastrexar o virus cada vez que se detecta un positivo. Con este obxectivo, Galicia sumouse á aplicación de rastrexo “Radar Covid” que está a desenvolver o Goberno central. A ferramenta engadirase ao sistema “ Passcovid”, que neste momento está testeando na súa fase piloto a Xunta de Galicia, e que será completamente interoperable coa app estatal.
A actual crise sanitaria fai preciso atopar novas vías de control e seguimento para combater a expansión do virus Sars- cov2, e así conseguir unha xestión o máis optimizada posible da súa evolución. Neste sentido, “Radar Covid” é unha ferramenta de participación cidadá que, grazas á súa axilidade e eficacia, contribuirá a mellorar a detección precoz de novos casos e, así mesmo, adoptar tamén medidas idóneas con maior celeridade e precisión, respecto da situación epidemiolóxica.
Pola súa banda, a aplicación ‘ Passcovid' configúrase como unha canle telemática e preferente de contacto de residentes e transeúntes en Galicia que, por medio da tecnoloxía Bluetooth e grazas á conexión co Servizo Galego de Saúde e a Central de Rastrexo de contactos, permitirá coñecer con precisión a trazabilidad do Covid-19 na Comunidade.
O goberno galego agrupará así nunha única app un conxunto de utilidades para a cidadanía, incluída a do rastrexo automatizado de contactos, que servirán de soporte e axuda para os profesionais sanitarios. Así, a adhesión á app será voluntaria e garantirá a privacidade e confidencialidade dos datos que se insiran na mesma.
Perfil anónimo ou personalizado
As persoas que descarguen a aplicación ‘ Passcovid', poderán optar por facelo mediante un perfil personalizado, ou ben, por un perfil anónimo.
No primeiro dos casos, os usuarios que desexen rexistrarse poderán facelo por medio da identificación segura Chave365, recibindo alertas, mensaxes e consellos prácticos, en función das súas características en relación co COVID. Se se opta por un perfil anónimo, as mensaxes e alertas gozarán dun carácter moito máis xenérico, e incidirán nos protocolos sanitarios vixentes en Galicia.
En ambos os casos, se a persoa usuaria decide, de maneira voluntaria, activar a súa xeolocalización, as mensaxes e alertas estarán referenciados de acordo á localización da persoa en cada momento. Así, ‘ Passcovid' facilitaralle datos moito máis específicos, como poden ser os brotes activos nese concello, os protocolos vixentes no municipio ou as medidas sanitarias que debe adoptar.