• A empresa galega Biofabri producirá en Europa a vacina contra o coronavirus da americana Novavax
  • Os ensaios clínicos atópanse actualmente na fase 2, e estímase que inicien a fase 3 a finais do terceiro trimestre de 2020
16
Sep
2020

O grupo biofarmacéutico Zendal, a través da súa filial Biofabri, situado no Porriño (provincia de Pontevedra, Galicia), foi seleccionado pola compañía americana Novavax para a produción industrial da súa vacina contra o Covid.

Así o recolle o acordo asinado entre ambas as empresas - Biofabri e Novavax-, que permitirá á compañía galega producir para a Unión Europea a vacina deseñada pola farmacéutica con sede en Meryland.

Os ensaios clínicos para dita vacina atópanse actualmente na fase 2, e estímase que inicien a fase 3 a finais do terceiro trimestre de 2020.

O grupo Zendal subliña nun comunicado que este "é un importante reto, xa que se pon á cabeza das compañías biotecnolóxicas ao ser a única española ata o momento en entrar no proceso de fabricación dunha das vacinas nas que se traballa para previr o Sars- Cov-2, neste caso a deseñada pola americana Novavax, e facelo ademais a nivel europeo".

En palabras de Andrés Fernández, CEO da compañía, "este acordo é a ratificación do noso esforzo permanente pola innovación e a nosa aposta pola excelencia en biotecnoloxía". "Tamén desde Zendal queremos destacar o apoio mostrado polo Ministerio de Sanidade e a Axencia Española do Medicamento durante todo este proceso", engade.

O grupo Zendal é un grupo biofarmaceútico formado actualmente por 6 empresas, todas enmarcadas no sector da biotecnoloxía e vacinas para saúde humana e animal: CZ Vaccines, Biofabri, Vetia, Petia Animal Health, Zinereo Pharma e Probisearch. Actualmente, teñen varias liñas de traballo relacionadas co SARS- COV-2, desenvoltas a través de dous das súas filiais con desenvolvementos e produción no campo da vacinas de humana: CZ Vaccines e Biofabri.

Biofabri está especializada no desenvolvemento de novas vacinas de humáns, entre outras, MTBVAC, a novel vacina contra a tuberculose, actualmente en fase 2 de ensaios clínicos, empezará a fase 3 a principios do 2021.

Pola súa banda CZ Vaccines, cun persoal de máis de 200 traballadores, a maioría de alta cualificación técnica, fabrica produtos derivados de micobacterias e posúe a tecnoloxía e capacidade produtiva para a fabricación dunha importante diversidade de vacinas: contra enfermidades virales, bacterianas e parasitarias; vacinas convencionais; enxeñería xenética vacinas vivas atenuadas; vacinas de subunidades (proteína recombinante) e vacinas de ADN de última xeración.

Compartir