• O obxectivo é facilitar unha xestión adecuada dos recursos, individualizados e pensados para cada paciente
12
Apr
2021

Galicia segue dando pasos que manteñan á nosa terra á vangarda no uso de e desarollo das últimas tecnoloxías. Un escenario ao que non é allea a sanidade pública, e no marco do cal, a Consellería de Sanidade vén de reunir ao Consello para a Innovación en Materia Sanitaria, que acordou crear un grupo de traballo específico para definir un modelo de xestión das técnicas de impresión 3D que se poidan aplicar ao Servizo Galego de Saúde.

Este órgano estará integrado por profesionais das áreas TIC, cirurxía, traumatoloxía, enfermería, otorrinolaringología e radiodiagnóstico, ademais de persoal investigador proposto por diferentes membros do Consello para a Innovación en Materia Sanitaria.

O obxectivo desta iniciativa é facilitar ao sistema sanitario galego unha xestión adecuada dos recursos, individualizados e pensados para cada paciente.

Neste marco, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insiste na necesidade de integrar a impresión 3D como unha técnica "xeneralizada" ao dispor dos profesionais do Sergas.

Por este motivo, o goberno galego aposta por que este grupo de traballo incorpore a experiencia de distintos proxectos desenvoltos nas sete área sanitarias e nos nodos de innovación do Sergas para confeccionar un documento de liñas xerais sobre os usos destas técnicas.

Así mesmo, o Consello para a Innovación en Materia Sanitaria tamén lle encomendou a este grupo o labor de preparar proxectos concretos, con obxectivos e socios "identificados" que sexan susceptibles de concorrer a convocatorias de fondos que lles permita captar financiamento.

Neste sentido, estas iniciativas poderán contribuír a "crear un ecosistema empresarial" relacionado coa tecnoloxía 3D en Galicia en colaboración con órganos como a Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN).

Compartir