• NETA V3A é o primeiro robot social desenvolvido na nosa terra, e busca diminuír o distanciamento social provocado pola pandemia, que supuxo unha dificultade engadida para moitas persoas maiores que viven soas
15
Mar
2021

O proxecto de innovación 'Neta V3A', sobre robótica amigable como apoio para o envellecemento activo, concluíu un prototipo de asistente virtual que fala galego e castelán para acompañar a maiores no seu día a día.

Á fronte de 'NETAV3A' están as empresas Balidea, Atendo FrutoDS e Ledissono AIT, con Gradiant como centro tecnolóxico asociado. Segundo destacan os seus responsables, trátase dunha iniciativa de I D i que busca achegar solucións tecnolóxicas "para mellorar a calidade de vida das persoas adultas maiores", no marco da convocatoria 'Conecta Peme' da Axencia Galega de Innovación (Again).

En concreto, o que se terminou durante estes meses foi o prototipo de robot e o seu 'bot' conversador, aplicando a base de conversación en galego e castelán. Ademais, explican os seus impulsores, integráronse todos os módulos que conforman a súa plataforma de software e desenvolveuse un planificador que permite a cada usuario personalizar as interaccións co bot/robot, seguindo recomendacións da atención centrada na persoa.

Tamén se probou o prototipo do robot e o funcionamento da aplicación para dispositivos móbiles nun proxecto piloto con persoas usuarias reais. O piloto foi realizado en Vigo  entre novembro e decembro de 2020 e 34 voluntarios con idades entre os 56 e os 82 anos participaron nas probas.

Robótica amigable en tempos de pandemia

Os seus desarrolladores destacan a relevancia deste proxecto no contexto actual, de distanciamento social debido á pandemia, que supuxo unha dificultade engadida para moitas persoas maiores que viven soas. Propoñen robótica social, amigable e afastada de estereotipos, para acompañarlles e facilitarlles as súas rutinas diarias, así como manterlles en contacto coas súas redes familiares e demais seres queridos. 

Combinaron asistencia por voz, gamificación e intelixencia artificial, para que o uso da ferramenta sexa sinxelo e intuitivo e para ofrecer unha solución tecnolóxica respectuosa, que apoie a cada persoa no desenvolvemento do seu propio plan de vida, atendendo ás súas decisións persoais. NETA é unha ferramenta moi útil para prolongar a independencia dos nosos maiores e o seu estilo de vida no seu propio fogar, manténdolles vinculados coa súa contorna.

O primeiro robot social desenvolvido en Galicia

O obxectivo xeral do proxecto era desenvolver un robot, NETA, como un elemento de apoio para que as persoas estean o maior tempo posible vivindo a vida tal e como a queren vivir. Estando na súa casa, permanecendo integradas na súa comunidade, dunha maneira segura, cun apoio no caso de soidade, cunha ferramenta motivacional para ter unha vida activa sen que resulte invasiva e amable desde o punto de vista do aspecto e as súas funcionalidades.

NETA V3A é o primeiro robot social desenvolvido en Galicia, un asistente virtual bilingüe, co que a persoa usuaria pódese comunicar por voz tanto en galego como en castelán. Dispón, ademais, dunha versión para dispositivos móbiles. Pretende ser unha presenza amigable de prevención e un asistente para o empoderamiento e a vida activa. Achega un plus de valor ao que actualmente ofrece a teleasistencia e as solucións de sensorización do fogar, con grandes posiblidades de aplicación dentro dos servizos sociosanitarios.

Compartir