- O obxectivo é abordar o mapeado cultural galego na emigración, con todo o que esta supuxo tanto para os países de acollida como para Galicia
A Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia puxo en marcha esta semana o curso 'Cultura galega e emigración', que se centra na diáspora galega co obxectivo de profundar no que esta achegou tanto aos países de acollida como a Galicia.
O programa, que arrinca estes días o seu primeiro curso e no que tamén colaboran a Universidade LiberQuaré e a Fundación Familias Mundi, conta con 238 alumnos e alumnas matriculados, entre os que destacan 62 provenientes de Arxentina, 20 de Brasil, 10 de Venezuela, 3 de Exipto ou 90 do resto do Estado español.
Estas xornadas forman parte dun programa de cursos que inciden na proxección exterior da lingua e da cultura galegas.
O obxectivo deste programa formativo é abordar o mapeado cultural galego na emigración, con todo o que esta supuxo. A iniciativa abordará a historia e sociedade na Galicia da diáspora, o idioma e escritura galego así como as artes galegas no exterior, e o Camiño e camiños de Galicia no mundo.
Aqueles interesados poden consultar a información, o programa académico e o calendario de desenvolvemento na web da Fundación. Nestes momentos, o prazo de matrícula para o 'Nivel inicial' ha expirado, pero proximamente abrirase o de 'Nivel intermedio'.