• O programa incrementa o seu orzamento ata o medio millón de euros para axudar a todos aqueles que o estades pasando mal por mor da pandemia
29
Mar
2021
Ayudas emergencia

Diario Oficial de Galicia publicaba esta fin de semana as bases das axudas para familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente, especialmente derivada da pandemia provocada polo Covid-19.

O programa alcanza esta vez o medio millón de euros para chegar a todos aqueles residentes do exterior que carezades nestes momentos dos recursos económicos necesarios para atender problemas sobrevindos de carácter extraordinario, xa sexan sociais, sanitarias ou asistenciais. 

Podedes acceder a estas axudas todos os emigrantes galegos e os vosos fillos e fillas que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior e que, por cuestións urxentes e extraordinarias, atópense en situacións de emerxencia social, derivadas da situación de pandemia xerada polo Covid-19. 

O programa facilita apoios económicos de ata 3.000€ por persoa beneficiaria.

Os requisitos necesarios para solicitar estas axudas son ter rendas ou ingresos insuficientes, contar cun patrimonio insuficiente ou acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevindas nun tempo próximo ao da súa solicitude como máximo nos últimos doce meses e que, pola súa gravidade, requiran dunha actuación urxente ou da necesidade de realizar a viaxe por mor desta razón. 

O prazo destas axudas establecerase na orde na que se convoquen, que se prevé publicar no próximo mes de abril e que a Xunta terá aberto ata novembro.

Compartir