• Os residentes galegos no exterior que solicitásedes o voto para as eleccións galegas do domingo, tedes ata as 20 horas (hora peninsular española) do día 12 para facelo efectivo
09
Jul
2020

Desde onte, e ata o vindeiro domingo, todos aqueles galegos que residides no exterior e solicitastes voso, podedes depositalo persoalmente, nun sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial, na Oficina Consular que vos corresponda.

O prazo para facer efectivo o voto está aberto ata o mesmo día das eleccións autonómicas galegas -o vindeiro domingo 12 de xullo-, e ata as oito da tarde (horario peninsular español).

Xunto a esta emisión do voto de modo persoal nas oficinas consulares, os residentes no exterior dispoñedes tamén dunha segunda vía: a posibilidade de envialo por correo certificado no sobre correspondente á Oficina Consular de España na que se atopen rexistradas ou rexistrados. Neste caso, tedes de prazo ata o sábado, 11 de xuño. 

Más de 12.300 gallegos

Un total de 12.359 cidadáns galegos residentes no exterior solicitástedes no seu momento o voto para participar nos comicios autonómicos. Por provincias, as solicitudes aceptadas corresponden a cidadáns censados na Coruña (4.609), Pontevedra (3.496), Ourense (2.818) e Lugo (1.436). 

E por países, a maioría proceden de Cuba (1.945), Suíza (1.773), Venezuela (1.720), Arxentina (1.444), Alemaña (1.195) e Francia (1.008).

Así mesmo, un total de 117 galegos temporalmente no exterior pedísteis tamén o voto para as eleccións do 12 de xullo.

Compartir