- O goberno autonómico acaba de activar, en colaboración coa ONG Farmamundi, un convenio para previr e dar resposta á pandemia do coronavirus no campo de refuxiados Kyaka II
- Este campo suma preto de 63.000 persoas: unha incesante marea de xente que foxe dos 25 anos de conflito armado do Congo
Foron tantas, que probablemente o Congo non saiba xa cando comezou a primeira das guerras que arrasan o territorio desde fai xa un cuarto de século. Ou, se o sabe, talvez non queira lembralo, porque supón expoñerse a un baño de sangue e esquecemento que suma xa máis de 5 millóns de vítimas desde que –nós si o lembramos-, en 1996 unha invasión ruandesa entrase no país buscando derrocar ao ditador Mobutu Sese Seko e defender das matanzas á minoría tutsi.
Un chispazo inicial e rexional que terminou por converterse na maior fronte de batalla desde a Segunda Guerra Mundial, ao que se foron sumando distintos países africanos seducidos polas concesións mineiras.
Pero esa, a do Congo, é unha historia demasiado longa e triste que se afasta da nosa, e que só se conecta a través desas mareas de xentes desprazadas en busca dun futuro que non existe. Moitas chegan ata Uganda, un pedacito de terra lindeira, en pleno corazón de África, que suma ao redor de 1,2 millóns de habitantes.
Alí hai varios campos de refuxiados que acollen a congoleños fuxidos dun conflito bélico que se ha desnaturalizado tanto que se converteu en cotián. En 2017, había entre 27.000 e 30.000 refuxiados congoleños no campo de Kyaka II. Este campo abriuse cando se decidiu pechar Kyaka I, que levaba 21 anos de servizo, durante a repatriación dos refuxiados ruandeses. En Kyaka II había o ano pasado preto de 63.000 refuxiados.
Prevención e resposta á Covid-19
Xente que busca un lugar no que esquecer; tamén esta época do Covid-19. E ata alí chega un ano máis a solidariedade de Galicia: o goberno autonómico acaba de activar, en colaboración coa ONGD Farmamundi, un novo convenio para actuar #ante emerxencias humanitarias, co obxectivo de levar a cabo unha intervención de prevención e resposta á pandemia do coronavirus en Uganda, en concreto, entre os refuxiados de Kyaka II.
Entre as actividades previstas, inclúese a repartición de equipos de protección individual #ante a Covid-19 a 40 promotores de saúde e persoal sanitario de Kyaka II, así como a organización de xornadas de sensibilización de educación en saúde e prevención nas que participarán unhas 2.000 persoas.
Deste xeito, a actuación chegará a un mínimo de 2.040 persoas, das que máis da metade son mulleres. Ademais, unhas 24.600 recibirían de forma indirecta as mensaxes de prevención difundidas a través de programas de radio e coa colocación de carteis informativos.
Unha pequena pica galega no corazón de Uganda, que ten por obxectivo previr posibles brotes da enfermidade a nivel local, debido a que, por desgraza, se chegan a producirse xa non habería nada que lamentar.
En Uganda hai ata a data pouco máis de 900 casos cofirmados por Covid-19, e o de Kyegegwa é un dos distritos máis vulnerables do país, non só polos escasos recursos sanitarios, senón tamén por eses movementos transfronteirizos: ese incesante vir de xente desde o Congo.
Colaboración desde o 2009
Esta actuación súmase a outras que a Xunta de Galicia e Farmamundi realizan conxuntamente desde o ano 2009 no marco dos convenios de colaboración para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano.
O obxecto destes convenios é o de realizar as actuacións que ambas as partes acorden, para atender as necesidades máis urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humano, con especial énfase nos colectivos máis vulnerables.