A mostra recupera, 31 anos despois e en formato de exposición, unha das obras máis emblemáticas e vangardistas de Xela Arias, realizada en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Está estruturada en 48 paneis que recollen outras tantas fotografías de Xulio Gil e textos de Xela Arias. O traballo dos autores partiu de 24 obras individuais iniciais (24 poesías de Xela Arias e 24 fotografías de Xulio Xil). Cada un dos artistas traballou a proposta do outro ata acadar as outras dúas ducias de creacións que completan o proxecto. Xa cando se presentou en formato libro en 1990 os autores sinalaron a independencia dos traballos fotográfico e poético na súa orixe e o proceso de intercambio creativo posterior.
Horario: de 11 a 18 h de martes a sábado e de 11a 14 h os domingos. Luns pechado.