Biblioteca Pública Ánxel Casal
Santiago de Compostela
10
Mar
2020
18:30
10
Mar
2020
19:30

Contos en inglés e castelán

Storytime for Kids é un programa de contos no que Courtney Knight, alumna dos Cursos Internacionais de Español para Estranxeiros da Universidade de Santiago de Compostela, le libros ilustrados en inglés ou en inglés e castelán.

O propósito deste programa é que os nenos practiquen e desenvolvan habilidades en inglés mentres gozan de divertidas historias e imaxes.​

Na sesión de hoxe:

The Very Hungry Caterpillar, de Eric Carle. Un conto sobre a vida dunha oruga e a súa transformación nunha bonita bolboreta.
Just Like Me ,de Sally Cutting. Un conto bilingüe sobre as comparacións entre animais que están a discutir sobre que é un burro.

Dirixido a nenos de 3 a 8 anos.

Na sala infantil, entrada libre.

Compartir