Numax
Santiago de Compostela
13
Jan
2022
11:45
Lisa e Giorgi atópanse por casualidade nunha rúa da cidade xeorxiana de Kutaisi e o frechazo é inmediato. Tanto, que mesmo esquecen preguntar cadanseu nome. Antes de continuar o seu camiño, acordan reunirse o día seguinte. Conseguirán reencontrarse? E se o fan, saberán quen son? Premio FIPRESCI da crítica internacional na pasada Berlinale, Alexandre Koberidze relata unha historia de amor como nunca a tiñamos visto. Ao mesmo tempo, captura a atmosfera única da capital histórica de Xeorxia, cos seus ritmos enfeitizantes, o encanto dos seus recantos cotiás e os seus cans de rúa afeccionados ao fútbol. Unha celebración da maxia reveladora do cine no título máis sorprendente da tempada.