Ciclo Pioneiras do cinema. A primeira muller en dirixir unha película de ficción.
Dirección: Alice Guy-Blaché
Greater Love Hath Non Man (EUA, 1911).
Intérpretes: Romaine Fielding, Vinnie Burns. Sinopse: primeiro western de orixe francesa.
Falling Leaves (EUA, 1912).
Intérpretes: Mace Greenleaf, Blanche Cornwall. Sinopse: o doutor Headley realiza unha proba exitosa contra a tuberculose.
Making an American Citizen (EUA, 1912).
Intérpretes: Le Beggs, Blanche Cornwall. Sinopse: historia dunha parella de europeos susceptibles de converterse en “bos americanos”.
A Fool and his Money (EUA, 1912)
Intérpretes: James Russell. Sinopse: unha das primeiras películas con elenco integramente afroamericano.
The Ocean Waif (EUA, 1916)
Intérpretes: Carlyle Blackwell, Doris Kenyon. Sinopse: Millie é levada a unha aldea de pescadores e alí tratada brutalmente por un home sádico.
Ás 18.00 e ás 20.30 horas.