A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal súmase á celebración do Día das Escritoras e acolle, no marco da súa programación de outubro, o recital Palabra de Muller no que baixo o tema "Ler as idades da vida" leranse textos das escritoras homenaxeadas este ano.
Palabra de Muller é un recital onde persoas representativas da cultura e sociedade galegas porán voz á obra das escritoras homenaxeadas este ano no Día das Escritoras, contribuíndo a visibilizar e difundir o seu legado cultural, destacar o valor das súas obras, lembrar as dificultades ás que tiveron que enfrontarse e poñer en valor o esforzo cotiá das mulleres.
No salón de actos. A actividade, coordinada por Lisístrata, está dirixida a público adulto. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información desde 30 min antes do comezo da actividade.