Salón Teatro
Santiago de Compostela
12
Mar
2020
20:30
15
Mar
2020
18:00

En coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), que lle abre esta semana as súas portas a unha nova residencia artística: o espectáculo "O premio" da Quintana Teatro.

Marián Bañobre dirixe a obra a partir dun texto de Santiago Cortegoso, que levan a escena Vitoria Teijeiro, Xurxo Cortázar e Raquel Espada.

Ideada como creación colectiva, é unha comedia aceda ambientada nun futuro próximo, no que o progreso tecnolóxico e a presión por lograr o éxito laboral, sentimental e social produce desánimo e frustración. Para afrontar a situación, os dirixentes crean un reallity en directo, onde o público decide que concursante merece levar o premio da súa vida: “Morrer logrando a fama. Todo por un soño”.

As entradas están á venda na web entradas.abanca.com e no teléfono 902 434 443. Tamén poderán adquirirse no Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo do espectáculo.

Compartir