Marco
Vigo
15
Apr
2020
10:00
24
May
2020
20:00

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Marco, inaugurou en xaneiro unha mostra dedicada ao pintor galego Manuel Colmeiro, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez. A exposición "Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos" tiña previstas actividades complementarias e paralelas que o peche do museo a causa do coronavirus impediu. Entre elas destacan varias entrevistas procedentes dos arquivos da CRTVE e a CRTVG que agora podes ver na web do Marco. Pica aquí para coñecer máis sobre este artista e a súa traxectoria.

Compartir