Círculo de Artesanos
A Coruña
03
Sep
2021
17:00
30
Sep
2021
22:00
Nesta exposición o autor combina as técnicas do óleo e a do acrílico.
Pedro Castro Couto (Ferrol, 1948) é un recoñecido e singular pintor, ilustrador e artesán que traballa a cerámica e o cartón pedra. Como pintor traballa o óleo, o acrílico e a plumilla.
Aos 17 anos trasladouse á Coruña para realizar os estudos de Náutica, converténdose en residente na cidade herculina. Compatibilizou os estudos de Psicoloxía e de Historia co traballo de impresor, vendedor de artesanía e no seu comercio-galería ?O Atlantis?, no que tamén se desenvolveron interesantes exposicións.