Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela
12
Mar
2020
20:30
12
Mar
2020
22:30
O Pavón Teatro Kamikaze
Dramaturxia a partir das transcricións do xuízo á Manada de Pamplona, construída integramente con fragmentos das declaracións de acusados e denunciante publicadas en varios medios de comunicación. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa intimidade persoal que os denunciados. Jauría recibiu o XVI Premio Cultura Contra a Violencia de Xénero 2019 outorgado polo Ministerio de Igualdade pola súa contribución na erradicación da violencia contra as mulleres.