Online
A Coruña
24
Apr
2020
13:30
24
Apr
2020
14:30
Online: directo
A autora e ilustradora Estefanía Padullés realizará unha lectura online do seu conto Max e Lea, que relata a historia dun Tyrannosaurus rex co que ninguén se atreve a meterse.
Hércules de Edicións leva a cabo nas súas redes sociais a iniciativa Lendo con Hércules polo Día do Libro. Ten o obxectivo de poñer en valor a cultura durante estes complicados momentos e facer máis levadío o confinamento aos seus seguidores. Varios autores e ilustradores da editorial realizarán lecturas de fragmentos das súas obras nos perfís de Instagram e de Facebook de Hércules de Edicións.