Cedemos o espazo ao Planetario de Oporto- Centro Ciencia Viva para realizar a charla Eclipses a lo largo de la Historia: miedo, mito y ciencia.
O eclipse solar do 12 de agosto de 2026 será o fenómeno astronómico máis destacado do ano en toda a Península Ibérica. A partir deste evento, proponse unha viaxe a través da Historia, explorando como os eclipses teñen sido interpretados entre o medo, o mito e a ciencia. Así mesmo, abordaranse as súas representacións na arte, a literatura e a cultura, invitando ao público a comprender e vivir este fenómeno de forma informada, consciente e segura.
Juan Nolasco é divulgador científico e docente, vinculado ao Planetario de Oporto – Centro Ciencia Viva, con ampla experiencia en educación espacial e divulgación da astronomía. Ten participado en múltiples iniciativas internacionais relacionadas coa educación científica e colaborado coa Axencia Espacial Europea (ESA), en particular en ESAC (Madrid), en proxectos educativos e de divulgación.
No salón de actos. Para público xuvenil e adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala (70 persoas).