Centro Ágora
A Coruña
07
Sep
2021
20:00
O movemento feminista en Exipto está a coller máis forza que nunca. Cada vez hai máis mulleres que se atreven a levantar a voz contra o acoso sexual, pero esta irrupción de coraxe vén de lonxe.
A Primavera Árabe trouxo esperanza de liberdade e cambios, con todo, a miúdo esquécese que durante a multitudinaria protesta do 25 de xaneiro de 2011 na praza Tahrir do Cairo producíronse salvaxes violacións en grupo. A indignación das mulleres exipcias desencadeou unha gran protesta para defender os seus dereitos. A directora Samaher Alqadi estivo en primeira liña para capturar unha revolta das mulleres que pasou desapercibida aos medios de comunicación.