Cidade da Cultura
Santiago de Compostela
01
Jun
2021
10:00
30
Nov
2021
20:00

Esta exposición, comisariada por Manuel Castiñeiras (Universitat Autónoma de Barcelona) e Kathryn Brush (University of Western Ontario, Canada), pretende conmemorar a primeira viaxe da historiador da arte americano, Arthur Kinsgley Porter (1883-1933) e a súa muller, Lucy Wallace Porter (1876-1962), a Santiago de Compostela en 1920. Este profesor da Universidade de Harvard e a súa muller percorreron varios tramos do Camiño de Santiago en Francia e España, co fin de estudar e fotografar os monumentos medievais. A súa investigación e fotografía contribuíu a revalorizar a Catedral de Santiago e a peregrinación a Compostela.

Exponse o material gráfico e fotográfico da súa primeira viaxe e os subseguintes en 1925 e 1927 e inclúe: fotos, diarios de viaxes, anotacións, así como as primeiras publicacións de Porter e Conant sobre Santiago de Compostela, que maiormente se conserva en Harvard. Un automóbil de 1920, cámaras fotográficas antigas, etc

Tamén se incluiyen pezas que forman parte de museos e coleccións americanas, polas que Porter no seu momento mostrou gran interese.

Compartir